Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Viaxar máis

martes, 24 de mayo de 2005
Aló polos anos sesenta, contábase a historia -apócrifa ou non- dun Ministro de Obras Públicas que pronunciaba un discurso nun pobo galego, no que gababa as innumerables realizacións do réxime, especialmente as que se referían ó traballo do seu departamento.

Un dos que escoitaban replicoulle ó Ministro -¡a ver quen se atrevía entón a replicarlle a tan alto cargo!- que el tiña viaxado amplamente polas zonas ás que se refería, e que non observaba tales realizacións, senón que as carencias eran evidentes e moito o que quedaba por facer.

A resposta do Ministro -de ser certa- debería figurar en calquera manual político: ¡Pois menos viaxar e máis le-la prensa!.

Aínda que hoxe a prensa teña nos políticos unha das máis importantes fontes de información, hoxe poderiamos formular a invitación case ó contrario: ¡Hai que viaxar máis! Aínda que tamén le-la prensa, escoita-la radio, ve-lo maior número de televisións posibles e, naturalmente, andar por Internet que é unha rede bastante libre.

Canto máis un viaxa, máis pode comprender a realidade propia en comparación coas dos demáis.

Viaxando por fóra de Galicia, por fóra de España, podemos apreciar o que en Galicia disfrutamos moitas veces non cuantificables desde o punto de vista das enquisas macroeconómicas, de avances sociais ou de niveis de vida.

Canto máis se viaxa, máis se aprende. Canto máis se viaxa, e máis lonxe, máis se aprende dos demáis e -aínda que pareza paradóxico- máis se aprende de nós mesmos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES