Construíndo a Paz
Cachaza Platas, Mercedes - miércoles, 30 de enero de 2013
Na Uned Senior non imos falar nin do Día Internacional da Paz declarado polas nacións Unidas o 21 de setembro de cada ano nin tampouco do Día Escolar da Paz e a non Violencia. Deso xa se encargarán outros
O que verdadeiramente nos interesa ó Alumnado da Uned Senior de Xestoso é recapacitar en que medida nós podemos ser constructores e portadores de paz no noso entorno.
Xa diciamos o ano pasado que A PAZ É UN BEN MOI PRECIADO. Tan preciado que conseguila é unha empresa de moita envergadura.
Con toda a dificultade que entraña, imos poñer tódolos medios ó noso alcance para conseguila.
MENTRES QUE AS FORZAS FÍSICAS E LUCIDEZ MENTAL NOLO PERMITAN:
-Imos mellorar a hixiene persoal canto máis poidamos, tanto se vivimos sós como en comunidade; ofrecendo deste xeito a mellor imaxe que temos.
-Imos mellorar a actitude de escoitar, acoller e deixarnos querer polos máis novos que nós para enriquecernos coas ideas e os adiantos de última xeración.
Deste xeito rexuvenecemos internamente e non perderemos o tren da vida que circula a moita velocidade nestes tempos.
Eles teñen moito que ensinarnos e nós a eles tamén.
Unha boa comunicación interxeracional é moi enriquecedora para todos. Todos saímos gañando.
-Imos mellorar en limpeza e en orde, ocupándonos persoalmente de que as nosas cousas estean no seu sitio limpas e ordenadas. Procuraremos ter un sitio para cada cousa e unha cousa para cada sitio. Sempre no mesmo sitio, nun sitio fixo. Desta meneira seranos máis doado non esquecer onde deixamos esto ou aquelo.
-Imos imellorar no que fai referencia a asumir e aceptar con paciencia as limitacións propias da nosa idade, agradecendo que xa levamos moitos anos con calidade de vida e valorando moito, moito a sorte de ter os coidados que temos.
Con queixarnos constantemente o único que conseguiremos é aburrir ós que nos rodean e chegará un momento que nin caso nos farán.
Queixarse é humano, pero canto menos mellor. As persoas que nos queren de verdade, xa se fan cargo de cómo estamos con só vernos. E canto máis bos sexamos de levar, mellor nos tratarán.
-Imos mellorar a nosa dilixencia:.
É moi doado irse abandoando nas mans da preguiza cando non se teñen ganas de facer o que nos convén: erguerse, hixienizarse, coida-la dieta, saír da casa, aprender, viaxar, relacionarse, matricularse na Uned Senior etc, etc...
Abandoarse a estas idades equivale a quedarse; e quedarse implica adianta-la dependencia.
A dependencia hai que escorrentala ata que non quede máis remedio.
-Imos mellorar ó máximo o aproveitamento dos recursos que nos ofrece a vida nesta etapa: entre outros, a Uned Senior é unha ventá aberta ó mundo que osixena a nosa mente ensinándonos a valorar os noso patrimonio e a nosa lingua, a coidar a nosa saúde, a conservar o noso folclore e tradicións, a poñernos ó día coa informática, a estar ó corrente do que sucede, a relacionarnos con outras persoas das que aprendemos moito, a dar exemplo ós nosos sucesores, a mellorar a nosa autoestima e a ser cada día máis e máis felices; que a fin de contas, deso se trata.
-Imos mellorar a nosa capacidade para compartir con outras persoas: o que temos, o que sabemos e o que somos para que vexan en nós persoas despostas a compartir o que outros compartiron antes con nós: bondade, amabilidade, alegría, ilusión, compañeirismo, amistade, servicialidade...etc, etc.
Deixar o egoísmo a un lado e compartir todo canto de bo se debe compartir, porque compartindo enriquecémonos todos. A riqueza está en compartir. Todos temos moito para dar e moito que recibir. Do que se dá, eso mesmo se recibe.
-Imos mellorar na certeza de que un día cambiaremos de vida.
É unha verdade universal o feito de saber que empezamos a envellecer o mesmo día que nacemos e que esta vida ten unha data de caducidade por lei natural.
Esta lei natural non a transgrede ninguén; nin o sabio, nin o santo, nin o rei, nin o vasalo, nin os brancos, nin os negros, nin os ricos, nin os pobres, nin nós mesmos.
Podemos e debemos mellorar canto máis podamos a nosa calidade de vida, pero sabemos que ese día chegará.
Ante esta certeza temos que ter moi claras tres cousiñas:
A primeira que temos a sagrada obriga de aproveitar canto máis e mellor o tempo que nos queda. Non despediciar nin un só minuto da nosa vida, aproveitando tódalas oportunidades que se nos presenten para realizarnos facendo canto máis ben poidamos porque esta é a única maneira de ser felices.
Non vale dicir: déixoo para mañá a ver se me encontro mellor ou se teño máis cartos ou se tal ou cual
Nada deso; hai que pensar: O MELLOR MOMENTO É O PRESENTE, AGORA MESMO. ¡ XA!
Este é o único momento que teño. Mañá
¿Quen sabe o que pasará?
A segunda é pensar que non imos levar nada deste mundo, nada, absolutamente nada material. Nacemos en coiro e morremos encoiro. Nós non levaremos nada material. O único que levaremos, será o mesmo que deixaremos: as boas obras e os bos recordos no corazón das persoas.
Temos polo tanto, a sagrada obriga de deixar as nosas propiedades materiais a disposición dos nosos sucesores, Eles si que as van a necesitar. Xa se sabe: ONDE PAPEIS FALAN, BARBAS CALAN. Canto máis claro deixemos todo, más fácil lle faremos a vida ós que veñen detrás.
Disfrutaremos de todo o que temos mentes non collemos a viaxe de volta; pero o día que nos vaiamos, temos a obriga de devolver todo o que temos desde o que outros nos deixaron ata o que nós adquirimos co noso traballo.
A terceira é ter a conciencia ben tranquila, sabendo que fixemos todo o mellor que soubemos e puidemos, deixando tras de nós unha estela de boas persoas.
Ó remate da vida, volveremos á orixe; os crentes á Casa do Pai para dar gloria a Deus e interceder polos que veñen detrás a través da Comunión dos Santos e os que se manifestan ateos, agnósticos, etc, etc; penso que tamén porque a orixe é a mesma para todos e, polo tanto, o retorno, coido que tamén.
Non sei se estas palabras contribuíron a concienciar a alguén de que, se nolo propoñemos, podemos ser constructores de paz para colaborar na construcción dun mundo mellor, que é un desexo tan antigo como a historia de humanidade.
Alguén dirá que este mundo colleu un camiño que xa non hai quen o pare
Eu diríalle que este mundo colleu o camiño que os poboadores deste planeta fomos consentindo ben por activa ben por pasiva.
Do mesmo xeito poderemos melloralo, pouco a pouco.
Na Uned Senior de Xestoso, levamos varios anos intentándoo dun xeito especialmente positivo.
A nós non se nos encomendou ningunha misión na ONU nin temos capacidades para para-las guerras mundiais, nin para amañar o mundo; pero podemos facer moito, moito para cultivar a paz cos que nos rodean, facéndolles a vida o más agradable posible.
Por eso consideramos que:
SOMOS CONSTRUCTORES DE PAZ E CELEBRAMOS ESTE DÍA CON PAZ E ALEGRÍA.

Cachaza Platas, Mercedes