Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Golfos

lunes, 28 de enero de 2013
Un alto cargo socialista proclamou a pasada semana que os “golfos” que aparecen dentro do seu partido de seguido sairían expulsados das súas filas.

Ignorando por que se asignou a denominación dun accidente xeográfico (“golfos” e non “cabos”, por exemplo) aos que resbalan polas pendentes do máis doado sen respectar as normas e os dereitos dos demais, o certo é que os golfos parecen abundar en moitos lugares e en moitos ámbitos.

O exercizo do poder préstase para excesos, e algúns caen na tentación de excederse. Os excesos na oposición normalmente son verbais e esas intemperancias acéptanse como normais no exercizo dun cargo para o que non se esixe máis que caer ben aos que confeccionan as listas e, conseguintemente, aos que votan esas listas.

Pero o exercizo do poder é complicado. E aínda que a inmensa maioría o faga correctamente, cada un ou unha que se exceden no seu fervor a favor de si ou dos seus nótase de xeito moi especial. E obrigan aos que teñen a mesma cor política a tomar decisións, algunhas con lentitude, que deixen limpo o nome colectivo sacrificando a individualidade que se puxo en evidencia.

Golfo, o que se di golfo, é aquel que como tal o declara un xuiz, aínda que ben fai o correspondente partido en tomar as medidas oportunas. Porque o problema está en que cando se corre a voz dun presunto golfante non hai forza humana que faga parar a marea. Son perigosas mareas que provocan auténticas cicloxéneses explosivas, con tronos e lóstregos, que ás veces acaban en nada, pero como estamos afeitos a considerar que algo hai cando algo sona, parece que o número de golfos tende cara ao infinito.

Infinito non é, pero haber parece haber uns cantos. E o aparato xudicial é lento para a declaración oficial de “golfo”. Haberá pois que procurar poñérllelo difícil aos posibles golfos para quitarlle algo de traballo ao poder xudicial.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES