Cortar e pegar
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 28 de enero de 2013
Deixo que a perna esquerda realice un paso á fronte. Se quedo así moito tempo corro o risco de perder o equilibrio, polo que, inmediatamente, lle mando un correo electrónico ao cerebro para que este, por medio dun simple clic do rato, reenvíe a orde á perna dereita e esta asuma que ten que botar unha zancada nun santiamén para que o meu corpo non caia, aparatosamente, ao chan ou sobre o chan.
Despois xa todo consiste en cortar e pegar, cortar e pegar. Polo que a perna esquerda avanza un metro e a perna dereita avanza outro metro.
Camiñante, non hai camiño; faise camiño ao andar. Xa o dicía aquel poeta.
Cursor, corta aquí. Cursor, pega alá. E se desconecto o correo electrónico é porque xa estou sentado nun tallo tomando un café.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora