Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Desafiuzamentos

viernes, 25 de enero de 2013
No galego normativo está de actualidade unha palabra revestida de tintes tráxicos: “desafiuzamentos”, que reflicte a traxedia de galegos e non galegos que tendo adquirido unha vivenda cun préstamo hipotecario dunha entidade bancaria, pola actual evolución da economía, non puideron pagar as cotas mensuais de amortización e intereses e a entidade provoca o embargo desa vivenda e a expulsión dos seus moradores (desahucio), aínda que teñan pagada boa parte da súa débeda.

Todos estamos de acordo en que se trata dunha situación inxusta, abusiva, na que unha das partes ten todas as armas, especialmente a Lei, do seu lado e a outra, a máis feble, asinante da letra pequena dun contrato leonino, non ten nada que facer como non sexa protestar e conseguir que a opinión pública se pronuncie ao seu favor de xeito ostensible.

Ninguén no seu sano xuizo considera que o sistema deba funcionar como funciona nun tempo e nun lugar coma este. Pero o poder da forza (e do diñeiro) pode coa forza da razón, e seguen a producirse inxustizas aberrantes que ninguén parece poder solucionar.

O Concello de Lugo, e outros varios de Galicia teñen planteado o tema de que a policía local non participe na execución de desafiuzamentos dentro do termo municipal, porque parece que a competencia da policía local non comprende esta función. Pero o que mellor pode incidir neste problema é a posibilidade de que esta entidade se sume á lista de institucións que pretenden retirar as súas contas dos bancos que practiquen esta drástica forma de solucionar a carencia de pago dun crédito por imposibilidade manifesta do prestatario.

Este é o idioma que mellor entenden as entidades bancarias. E no momento en que se plantee unha retirada de diñeiro das entidades que practiquen este xeito bárbaro de execución de créditos, seguro que o terían moi en conta. Ata agora, o poder económico impón as súas abusivas reglas diante da non existencia dunha fronte consciente e poderosa. Pois haberá que ir pensando en formar unha fronte así, da que non poden – de ningunha maneira- quedar arredadas as institucións públicas, representantes e presuntamente protectoras de todos os cidadáns.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES