Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cotizantes por xubilado

viernes, 25 de enero de 2013
Un xubilado ou xubilada é un traballador ou traballadora que despois de cotizar durante toda a súa vida laboral disfruta dun ben gañado descanso co apoio económico do Estado, baseado nesas cotizacións. Por eso, precisamente, as pensións contributivas, polas que o pensionista segue a cotizar á Facenda pública, se tasan segundo o tempo de cotización e o importe destas aportacións.

O fondo creado con estas aportacións, e as que o Estado teña feitas, conforma o sostén do sistema público de pensións, que en principio debe ser alleo aos vaivéns da economía e da política, xa que ningún favor lle fai o Estado aos pensionistas, senón que estes perciben o que “aforraron” durante o tempo da súa vida laboral productiva.

Que medre o paro e haxa menos cotizantes non debe influir nas pensións existentes, nin nas do inmediato futuro. Porque o que se cotizou, polo feito de estar aboado polo traballador e pola empresa, convírtese en dereito adquirido polo traballador, de maneira que a pura operación aritmética resolve o problema de saber cal vai ser o importe da súa pensión.

Que na actualidade no Estado español haxa somente dous traballadores cotizando por cada pensionista, proporción que en Galicia se reduce a 1,2/1 nada ten que ver coa situación dos actuais xubilados, que están sufrindo agresións como a de non ver aumentada a súa magra pensión na mesma medida ca o incremento do custo da vida.

O manexo da cifra de cotizantes e xubilados pode ser un puro exercizo matemático ou estatístico, pero parece máis ben un elemento de presión sicolóxica diante dunha temida regulación das pensións futuras. E parece que todos estamos preparados para algo así. Pero eso querería dicir que cando a situación mellore se vai producir unha auténtica revolución no temas das pensións. Será xusto. E necesario!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES