Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ciclogénesis Corrupta

jueves, 24 de enero de 2013
Desde o Preguntoiro

Hai unha morea de anos os mariñeiros do meu pobo cando en inverno chegaba o mar ata dentrodo pobo por mor do vento chamábanlle temporal, hoxe “finamente” lle chaman “ciclogénesis”, son estes fervellasverzas que trocan o sentido do real por algo que non ten sentido.

Por iso seguindo ese novo vocabulario o que está a pasar no interior do PP co caso Bárcenas, non deixa de ser unha “ciclogénesis” corrupta. Os secretos deixaron de selo e xa son a berros. Non encanto, o Sr. Rajoy fala de facer unha auditoría e os demais altos cargos do PP (en especial a Sra.
Cospedal ) falan de "A mí no me consta". Unha auditoría a quen e a que. ¿a caixa B?. Iso é como facer un cachifallo.

O feito de que o Sr. Presidente diga que fará unha auditoría das contas do
partido (por mor da corrupción) xa é motivo de dimisións en calquera democracia do mundo occidental, porén, vivimos en Españistán e iso é como un carafuncho emporcallado que levamos desde hai moitos anos.

De confirmarse como parece, a veracidade destes carmeiráns, estaríamos falando de prácticas mafiosas semellantes ás de Al Capone no Chicago dos anos 30. Manda carallo na Habana, ou sexa, mentres o Sr. Rajoy e os seus furricallos do PP non deixan de pedirnos máis sacrificios con todos
eses impostos, copagos sanitarios, privatización da sanidade e ensino e máis recortes; eles non deixan de repartirse dez mil euros cada mes. ¿E eses son os que vannos sacar da crise-estafa?.

Como imos a crer do que digan, se o mesmo Presidente xurou ante a Biblia o seu programa electoral e estafou a todo un pobo facendo todo o contrario. Unha posibilidade que teñen de saír con ben desta fedorenta barafunda é que, a Sra. Ministra Fátima Báñez lle pida á virxe do Rocío “templanza” e que lle faga un agasallo dunha medalla de ouro pagada co diñeiro dos contribuíntes.

Se a Virxe alporízase e rexeita a medalla é que son corruptos, e se acepta é que so uns “bos nenos”. ¿Que fai o Fiscal Xeneral do estado?. Está de vacacións.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES