Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os que poidan aforrar

jueves, 24 de enero de 2013
Se está difícil para unha boa parte da poboación chegar a fin de mes, difícil tamén se lle pon a quen consigue aforrar algo nun determinado período e pretende rendibilizar ese aforro en previsión de necesidades futuras.

Porque o noso pobo sempre tivo tendencia a aforrar para cando viñeran mal dadas, no caso de bonanza económica, como no de emigrar cando na terra propia non era posible gañar o pan.

Ata hai poucos anos, o aforro estara dirixido de xeito moi especial aos investimentos inmobiliarios, xa que era posible obter grandes rendibilidades sen exposición algunha só con mercar vivendas en fase de construcción e vendelas uns meses despois cunha marxe máis que notable. Pero eso rematou abruptamente cazando a moitos que non souberon retirarse a tempo.

Foi a primeira das decepcións dos aforradores que máis recentemente se viron duramente agredidos polas preferentes, pola baixada dos intereses que as entidades de aforro aboan polos depósitos, pola baixada da bolsa, polos descontos que polas preferentes ou pola catástrofe de Bankia van sufrir os accionistas das entidades. E o que parece o toque definitivo a cargo do Banco de España reducindo drásticamente os intereses que as entidades bancarias poden aboar aos que depositen o froito dos seus aforros.

Diante de todos estes elementos perxudiciais para os aforros, os que poidan aforrar teñen agora o problema de elixir onde investir, onde depositar o froito do seu traballo, para non conformarse con atesourar á vella usanza no “calcetín” estes superavits.

Claro que é peor o problema dos que non chegan a fin de mes ou engrosan as filas numerosas do paro. Pero desorientando aos aforradores estase impedindo a creación de riqueza e a posta en marcha, de novo, deste país.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES