Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os Ere na política

miércoles, 23 de enero de 2013
Quen coñeza por dentro as pequenas empresas sabe que moitas veces, máis en épocas de crise, teñen que adoptar determinadas decisións no eido laboral, que os propios traballadores entenden pero non así os sindicatos e forzas políticas que a priori defenden aos traballadores por encima de calquera outra consideración.

Mesmo nesta época de crise cando unha empresa pecha, efectúa un Ere, recorta salarios ou retrasa o pago destes, sempre hai posicionamentos políticos ou sindicais sobre o tema que, por principio, apoian a postura dos traballadores en contra da que tome ou teña que tomar o empresario, ás veces tan perxudicado ou máis ca os seus traballadores.

Pero neste tempo de penurias, os mesmos sindicatos e partidos teñen problemas económicos e deben tomar decisións que seguro non lles gostan aos seus dirixentes, e xa que logo tampouco aos seus traballadores.

O BNG, en crise económica a raiz da críse política que empezou a vivir hai meses, reducirá á metade o número dos raballadores da súa sede central en Santiago, e aos que queden reduciralles os emolumentos cun tope de maneira que ninguén pase de cobrar 940 euros mensuais, propoñendo aos que se vaia unha indemnización de 25 días por ano cun máximo de doce meses, ou catorce se se cobra a prazos. Esta condición, noutros momentos e noutras empresas, provocaría unha repulsa política e sindical digna de ser recordada.

Con ser difícil adoptar unha decisión así de reducción á metade do número de traballadores e aos restantes limitar drásticamente o soldo, o verdadeiramente novedoso da cuestión é que todos os traballadores cobrarán o mesmo sexa cal fose a súa especialidade técnica ou administrativa, sexa cal fose a súa responsabilidade

O de igualar ingresos só lembro que existiu no xornal “Diario de Pontevedra” cando era unha cooperativa onde cobraba igual o Director ca os contables, os redactores e os cobradores. Á larga non funcionou, porque é difícil que unha situación así se manteña.

Cando unha pequena empresa entra en crise, sempre hai quen berre por ela ou contra ela. Cando os problemas son dos que habitualmente berran, é para pensalo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES