Resetear
Editorial - miércoles, 23 de enero de 2013
Resetear e unha medida drástica que os entendidos efectúan cando se trata de poñer de novo a punto un artiluxio electrónico de maneira que se libre de impurezas contaminantes que poida valer e permita que siga a ser utilizado.
Hai agora quen fala de resetear a democracia para saír deste tempo escuro e entrar con bo pé nun novo tempo democrático.
Pero o reseteo, significa un suma total e non suma e segue, xa que non permite modificar parcialmente, respectando aqueles elementos que se consideren válidos, e xeitosos para a súa conservación.
Entón, non nos vai valer o sistema. Porque aínda que necesitemos grandes cambios, asunción de responsabilidades, depuración de comportamentos desaxeitados, algo poderemos e deberemos aproveitar de cara ao pasado.
Levamos trinta e sete anos de período democrático, e neste tempo temos dado pasos de auténtico xigante no económico, no social, no laboral, no lexislativo, na vida deste país que resulta irreconocible se lembramos comportamentos e realidades de antano.
Algo pois temos que aproveitar deste inmediato pasado, comezando pola democracia, polos avances de todo tipo, pola democratización do país. E temos que desbotar a corrupción, os malos xeitos, a invasión pola política dos diversos campos de actividade.
Polo tanto non cabe un reseteo na nosa vida diaria, e na nosa sociedade. Porque non podemos facer tabula rasa, porque non temos qus partir de cero. Temos que seleccionar dalgún xeito quen pode ou non pode dedicarse á política. Quen debe absterse de acudir a ese campo de honra no que moitos laboran sen merecelo. Temos que renovar o aire que respiramos, con novas reglas de xogo e con espíritu democrático e libre.
Pero todo, a partir do conseguido nesta longa convivencia en paz.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora