Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mirar para outro lado

martes, 22 de enero de 2013
É unha táctica que parece dar bos resultados na política e na vida real. Cando se trata de algo propio, de correlixionarios, de xente afín, o mellor é non enterarse. Cando se trata dos contrincantes políticos, todo é valido como argumento e como arma arroxadiza, e polo tanto calquera disculpa é boa para arremeter en todas as instancias contra o que parece ser inimigo e só é un igual que pensa diferente.

Pero no tema dos partidos e a súa financiación, na corrupción en suma, todos procuran pasar o máis lixeiros posibles para non fincar o pé nalgún lugar sensible que fale por si só. A menos que sexa no partido contrario, que entón hai que obter rendibilidade, aínda que o que arremete tivese no pasado temas semellantes na súa propia forza política.

A pregunta que todos debemos facernos, en cada caso de corrupción, é de si se trata dun elemento político demasiado espabilado e repugnantemente codicioso, ou é un mascarón de proa dun grupo máis grande ou colectivo que a través del efectúa operacións prohibidas pola Lei e polos bos usos e costumes.

Porque o grave problema pendente na política deste país é non dispor dunha Lei de Financiación dos partidos políticos, co que as súas finanzas queden meridianamente claras e calquera – militante ou contribuínte – poida saber como funciona cada unha destas forzas que son pedras angulares do noso sistema democrático.

Polo nivel de participación política e o nùmero de afiliados que os partidos teñen é comprensible que as cuotas dos militantes non cheguen para soster unha organización dun grupo moderno que participa no exercizo da política dun país coma o noso. Polo tanto, estas agrupacións – e os sindicatos, e as agrupacións empresariais- teñen que procurarse financiación por outras canles, entendendo que unha fonte importante de ingresos son as compensacións do Estado polos resultados de cada elección, proporcionais aos representantes conseguidos para a participación nas institucións. O mesmo que as elevadas cuotas que parece ser aboan os representantes dos grupos nacionalistas e de esquerdas, como contribución ao funcionamento do aparato das súas forzas políticas.

Se en todo o público é imprescindible a existencia de luz e taquígrafos, no caso das finanzas dos partidos con maior razón. Non desaparecerán os elementos que desentonan polas súas implicacións económicas, pero as institucións ás que pertencen terán as mans máis libres, serán máis transparentes e poderán actuar con total liberdade na defensa das súas ideas e dos intereses do país.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES