Fomentar o voto
Editorial - jueves, 19 de mayo de 2005
Estamos en época directamente preelectoral e o fomento do voto, se compre facelo en todo momento, agora é obrigado.
Cando máis votantes acudan ás urnas, máis representativo é o resultado. Cantos máis votos, máis forza moral teñen os elixidos para exercer os seus cargos.
O de votar, que moitos facemos con fruición, aínda compre fomentalo agora e sempre xa que existe unha gran masa de indecisos que poden volverse atrás por calquera circunstancia imprevista, por un mal día ou por un día fabuloso que - ó ser domingo - permite adicarse ó lecer en grado superlativo.
O que está mal visto é o fomento do voto o mesmo día dunha elección, "carretando" os electores ata as mesas, facilitando o desplazamento de persoas con problemas, subministrando a cambio determinada papeleta para que o votante "non se equivoque" á hora de escoller.
Está recente o fallo dun xuicio por acarreo de votantes na Audiencia de Pontevedra, que se saldou sen maiores problemas para os acusados. Porque é dificil determinar cando este acarreo é interesado ou filantrópico.
Quen axude a que determinados colectivos con problemas, persoas recollidas nunha institución, maiores con dificultades de movilidade, está facendo unha boa acción se o fai desinteresadamente. Ou aínda de xeito interesado pero sen coaccionar ós transportados.
Cada elección que vivimos reverdece o problema. Cada vez volve haber persoas transportadas. Pero non debéramos preocuparnos demasiado, porque se alguén practica esta picaresca pode atoparse con que o transportado sabe máis que o transportista, e se lle facilitan determinada papeleta que coloca nun bolsillo da chaqueta, ó chegar a votar saca outra papeleta que levaba no lado contrario.
Compre, pois, fomentar o voto: ¡Todos a votar!. Pero con liberdade.
Coa relativa liberdade que nos dá a nosa procedencia familiar, o contorno vital, o traballo, as amistades, as presións; coa relativa libertade que todos nos recoñecemos nos máis diversos aspectos en que podemos ir representando a nosa vida.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora