Sustos
Editorial - lunes, 21 de enero de 2013
O Goberno central non gaña para sustos, aínda que ben pensado ese é problema de todos os gobernos, que se supón que controlan áreas inmensas de poder e de actividade, e a dura realidade de cada día vaise encargando de situar a cada quen no seu lugar.
O goberno de Mariano Rajoy non deixou de sufrir e facer sufrir desde a súa toma de pasesión. Facer sufrir polas moi diversas medidas de recorte e contención que ven facendo nos últimos tempos, incrementando as listas do paro e producindo cada venres de Consello, venres de Dolores, sorpresas presentidas que van mermando as realidades e as esperanzas de millóns de persoas que só pretenden seguir vivindo.
Pero tamén leva sustos importantes cando aparecen as presuntas andanzas dun tal Bárcenas, que foi o home dos cartos do Partido Popular e ven de situarse no ollo dun furacán que deixará moi pequenos a todos que no noso mundo foran nos últimos tempos.
E os sustos increméntanse ata o infinito co pase á reserva activa non oficial de Rodrígo Rato e Esperanza Aguirre, que pasan a ser conseguidores de entidades que saben moi ben o que fan. E o susto diario de Cataluña. E as realidades das primas de risco, e as fluctuacións da bolsa, e o incremento do paro. Que son sustos aínda que se conte cos problemas, aínda que algúns xa se souberan, aínda que problemas similares tivéronos os anteriores gobernos , o cal non alixeira os problemas do actual.
Agardemos que destes sustos se poidan sacar resultados favorables, porque o goberno saiba reaccionar diante de calquera destes problemas, dando as oportunas exposiciones. Que se polos sustos que recibe camiña máis erguido, con menos fluctuacións, con firmeza e dilixencia, eso será o que gañemos nun cambio, polo de agora etéreo, no que moitos quixeron ver a Gran esperanza Blanca e polo de agora só coidamos posúen unhas grandes dosis de fe, que a fin de contas é crer no que non se veu nin se ve.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora