Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Campo a través

lunes, 21 de enero de 2013
Quédanme dous minutos para pillar a un caracol na carreira que se está a celebrar campo a través. Saímos da rúa da Igrexa de Baños de Molgas ás tres da tarde baixo un sol de xustiza. Na primeira zancada xa lle saquei ao caracol un metro e pico.

Cando cheguei aos terreos da estrada que leva a Os Milagres, o caracol aínda non atravesara a primeira pedra da rúa á altura da fonte que está na Aira de Arriba. Parei no Parque Ansuíña ata que se me fixo noite.

Preguntei polo gasterópodo e comunicáronme que estaba a deixar baballas noxentas produto do cansazo e do esgotamento. Compadecín del e volvín sobre os meus pasos. Aos dous minutos collino coa man dereita e, logo de que acochara na súa propia cónchega, metino no peto do gabán.

Chegamos á meta xuntos e en harmonía. Agradeceumo sacando os tentáculos e chiscándome o ollo esquerdo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania