Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lorenzo Varela

miércoles, 18 de mayo de 2005
Lorenzo Varela foi o persoeiro arredor do que xirou o recente Día das Letras Galegas.
    Nunca el puido pensar algo así. Perdedor sempre, emigrante sempre, vencido sempre, resulta victorioso despois de morto como moderno Cid Campeador das letras galegas.

    "Aramos sobre os mortos desta terra..." dixo Lorenzo. E o certo é que eso facemos a cotío.

    Deixamos que morran no esquecemento, e despois de mortos, honras, laudas e lápidas na súa honra.

    Diante de exemplos así compre recordar o que dixo Ben Cho Shey, e quedou gravado na lápida da súa sepultura: "Quedan prohibidas tódalas homenaxes post-morten, porque as cousas ou se fan cando deben facerse ou non se fan".
    Lorenzo Varela tivo a súa homenaxe demasiado tarde.

    Galicia dedicoulle o ano 2005 o Día das Letras Galegas, un festivo máis do calendario como o Día do Traballo ou o Venres Santo, que hai que celebralos uns días antes para que todos poidamos irnos celebrar a ponte festiva que este día orixina.

    O poeta da voz forte e rexa, ven de ser homenaxeado. Quen pasou a vida cruzando fronteiras que nunca delimitaban o seu país, recibe tarde a gloria da homenaxe.
    Ata nós, en lugar de lembralo de xeito especial o propio Día das Letras, facémolo o día seguinte hábil.

    É que os festivos son festivos a tódolos efectos, celébrese o que se celebre.

    Saudiña, Lorenzo Varela. Se non soubemos recoñecerche a túa valía en vida, Galicia lémbrate moi tarde -o Día, xa sabes, só se celebra alomenos dez anos despois de morto- para volverte á vida; para nunca máis morrer.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania