Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha estrela (de Galicia) tamén polo Nadal

viernes, 18 de enero de 2013
Hai empresas deste país que se distinguen pola súa acción interior e exterior, porque na súa publicidade levan país, fan país, e fannos reconfortar e atoparnos con nós mesmos, que é unha das maiores necesidades que temos os habitantes deste fisterra, que tanto temos visto, tanto temos sufrido e tanto podemos esperar do futuro.

Que Gadis faga apoloxía de vivir como galegos é un golpe forte contra ese autoodio que se di que nos invade facendo loubar todo o lonxano e desprestixiar o inmediato. “Vivamos como galegos”! é unha bandeira e máis un himno que calquera está disposto a enarbolar e a interpretar.

Estrella de Galicia, a cervexa que herda a tradición varias veces milenaria dos antepasados cervexeiros, atopou un filón fermoso e acertado cando rescatou unha canción de Mari Trini para escenificar a caída dunha estrela no xardín. E puxo unha pica en Madrid e en todos os recunchos das Españas cando encheu as canles televisivas do Estado abogando por utilizar polo Nadal unha cervexa estrelada, tan axeitada para as grandes celebracións como calquera outra bebida espirituosa por moi arraigada que estea tradicionalmente.

Hai quen quere ver nesta campaña da nosa Estrella unha contraposición, acorde co noso carácter apacible, a outras bebidas e territorios onde se respiran outros aires. Sosteña esto quen tal estime, pero para nós chega con saber que unha empresa galega cun producto senlleiro, ousou poñer de manifesto ese producto a toda España, tentando abrir un mercado que ata ese momento parecía reservado a calquera outro producto.

Ben feito foi!. Desde agora, unha estrela galega lucirá en toda España, tamén polo Nadal.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES