Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As multas da Seguridade Social

jueves, 17 de enero de 2013
As cuotas da Seguridade Social, nestes tempos de dificultades económicas, pasan a ser – se non o eran xa- materia sensible, e a persecución da defraudación neste campo vai ser polo que se anuncia tan grave ou máis ca as débedas á Facenda.

Unha das infraccións graves é a de non ingresar, no prazo e forma regulamentarios, as cuotas da seguridade social, así como falsear documentos, consignar datos falsos ou non comunicar datos á Seguridade Social.

Loxicamente, a gravedade apreciarase segundo a materia, a intencionalidade ou a repercusión nas contas da seguridade social, pero o feito de non ingresar en tempo e forma pode moi ben deberse, especialmente nas pequenas empresas, ás dificultades de tesourería que a maioría delas veñen arrastrando polas circunstancias económicas do momento.

O retraso dun día no pago das cuotas á seguridade social trae consigo un recargo do vinte por cento desas mesmas cuotas, o cal parece de por si castigo abondo para que non efectúa un pago porque non pode e ten a posibilidade de demostralo.

Non é o momento axeitado para que as institucións fagan deixación das súas funcións correctoras ou sancionadoras no ámbito da súa consecuencia pero o que seguro tampouco é o momento de aplicar toda a dureza que o sistema pode emplear, contemplando cada caso segundo proceda e estimando como eximentes as imposibilidades que a realidade do mercado ven facendo patentes. Ou sexa: seriedade e rigor, si, pero especial dureza nun momento difícil non parece o máis axeitado.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania