Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Entre votar e queimar

miércoles, 16 de enero de 2013
Mal vai un mundo no que os cidadáns non temos máis opción que cada catro anos acudir a unhas urnas a votar entre as opcións que se nos poñen por diante, opcións pechadas de grupos de persoas que os partidos políticos consideran son as máis idóneas para a gobernación do país.

Nese exercicio de responsabilidade, votando en conciencia pola opción que máis se asemelle ao noso xeito de pensar concrétase a esencia da democracia, e aí pretenden os partidos políticos remata o noso papel, quedando os catro anos inmediatos suxeitos ás decisións dos que gobernan aínda que non nos convenzan, aínda que non respondan ao prometido, aínda que non lle vexamos solución aos problemas nin xeito ao camiño emprendido.

Para aqueles aos que o sistema non lles satisfai, que cada día son máis, a solución é a toma das institucións pola ausencia, pola presencia, pola invasión, pola presión... por calquera medio que signifique revolución.

Vivimos, pois, nun mundo que presenta as dúas opcións extremas sen demasiada actividade entre elas, sen termos medios que poderían garantir un equilibrio entre dous extremos: o extremo da pasividade fomentada desde o poder e o extremo da algarada como medio de presión; entre votar e consolidar institucións, e queimar ou deixar sen significado as institucións.

Nun tempo de desánimo, crise no sentido máis amplo, carencia de perspectivas e alicientes, falta un abandeirado, unha idea, un ideal, alguén con carisma que convenza sen vencer, que promova accións constructivas, que formule ideas de mellora e progreso, que ilusione e anime á sociedade.

Entre os dous extremos, un ermo. E nese ermo, inermes, nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES