Son tempos de reformas
Rivero, Manuel - martes, 15 de enero de 2013
Un dos problemas mais graves que afecta a este país, ademais do paro, é o grao de corrupción, que mesmo semella, que non ten atrancos, para estar presente e actuar en todos os ámbitos do poder.
Cando nun país, un día si e outro tamén, afloran tan a miúdo casos de corrupción, dende hai tanto tempo, é a mostra inequívoca de que o sistema está enfermo.
Por iso é o momento de tomar medidas que sexan efectivas, e non parches como os que se ven tomando.
Para empezar, é recomendable que sexan os políticos, esa casta privilexiada, que ate o momento, non tivo que cargar cos numerosos recortes e incrementos de taxas e impostos, que están a sufrir os menos favorecidos, asalariados e clases medias.
¿Qué lles parece si se recorta o seu número?
Temos tres veces máis políticos que Alemaña, e somos, mais pequenos, mais pobres e menos produtivos.
¿E se recortamos os seus privilexios?
A modo de exemplo podemos empezar polo Congreso, que é o mais significativo:
1. O deputado ou deputada, terán dereito a xubilación polo tempo do mandato realizado. É dicir como o resto dos traballadores
2. Contribuirán o Réxime Xeral da Seguridade Social, como o resto dos cidadáns. O fondo de xubilación do congreso pasará o Réxime Xeral da Seguridade Social.
3. O que queira ter un plan de xubilación, deberá de pagalo cos seus propios ingresos.
4. Deberán de deixar de votar o incremento e prerrogativas dos seus salarios.
5. Deberán de acollerse ao mesmo seguro de saúde que o resto dos cidadáns.
6. Deberán de cumprir coas mesmas leis que o resto dos cidadáns.
7. Deberase de limitar o seu mandato a dous anos.
8. Deberase de reducir un 30% o número de deputados. Esta medida debe de estenderse a concellos, deputacións, comunidades autónomas e parlamento europeo.
9. Deberase de eliminar institucións obsoletas ou duplicidades, tales como no noso caso, é o Senado.
10. Deberase de eliminar, ou reducir un 75% os cargos de asesores nomeados a dedo polos políticos de turno, e profesionalizar a administración, tal como se fai en Francia.
A ver se D. Mariano se atreve, despois do ano de despropósitos do seu goberno, é hora de que empece a tomar medidas coherentes. A bo seguro, que esa imaxe de desconfianza, inseguridade e tristeza que nos transmite o seu linguaxe corporal mellora, e tamén, a pesar da pobreza do seu léxico, xunto coas metáforas conxeladas que con frecuencia utiliza, estou seguro, que van a pasar mais desapercibidas.
Ánimo D. Mariano, que recibiu unha maioría absoluta para que faga cousas, anque a verdade é que vostede, ese capital gastouno nos seis primeiros meses de mandato, e vai empeorando, pense que o están a valorar en torno a un dous e medio, e o seu goberno por aí vai.
Para chegar ao aprobado fáltalle moito, e o tempo corre que voa, o que non faga neste ano, o entrar no terceiro de lexislatura, xa entra en tempo de desconto, e por moito que queira facer, desfacer ou deixar de facer, de nada lle sirve.

Rivero, Manuel