Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Homes e nomes

martes, 15 de enero de 2013
A Lei da Memoria Histórica vai conseguindo que se arrumben oficialmente nomes de rúas ou edificios senlleiros, que foron ata o de agora permanente homenaxe nominal a xentes determinadas polo feito da súa adscrición política ou por feitos derivados da rebelión militar que deu orixe á cruel guerra civil.

En Lugo foi doado o cambio do nome “Hermanos Pedrosa Posada” polo
de Hospital Xeral primeiro, e polo de Hula – Hospital Universitario Lucus Agusti – despois, porque ao construirse un novo edificio este non leva consigo a carga nominal que outros soportan despois de varias décadas de utilización continuada.

Non vai a ser tan doado o cambio no hospital coruñés –Hospital Universitario da Coruña- que segue a ser o mesmo Juan Canalejo co nome cambiado.

Desde a guerra ata agora o nome de Juan Canalejo, falanxista coruñés que se fixo famoso naqueles terribles anos, foi a denominación exacta do gran hospital do norte de Galicia, e cando das provincias de Lugo e a Coruña había que trasladar a alguén a un punto de atención destacado, especialmente nos casos máis graves, o traslado era “ao Juan Canalejo”, e segueo a ser malia que se loita para cambiar a denominación, que se se conseguiu a nivel oficial non aínda a nivel popular onde o nome ha morrer cando morra o último da xeneración que o utilizou con tal nome.

Mesmo nos accesos aínda pervive esa denominación antiga para evitar que alguén se perda por buscar un nome xa inexistente.

Visto que está que os nomes dos homes a perpetuar en edificios, en rúas, en conmemoración deben responder a persoas con méritos trascendentes, dos que non se exponen á contestación, dos que non caducan. Todo o que á política se refire, xa non digamos a feitos violentos como o que tanto nos sigue a afectar, están condenados á caducidade e ao esquecemento.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania