Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Miláns del Bosch

lunes, 14 de enero de 2013
Acaba de finar en Oviedo o que fora coronel do Exército José Joaquín Milans del Bosch, membro dunha familia de oito irmáns de longa tradición militar, que acadou prestixio e popularidade no noso contorno por razóns alleas á profesión das armas.

Na xuventude, ingresado na Academia do Exército, realizou a primeira peregrinaxe a Compostela e quedou engaiolado pola experiencia, o que fixo del un apóstolo dos valores espirituais, humanos e culturais do feito xacobeo e, unha vez superada a etapa profesional, estebleceuse na casa familiar en San Tirso de Abres, coñecida por Pividal, que fora Hospital de Peregrinos que gardaba moita información dende o s.XV; documentos que se afanou en estudar e analizar, o que fixo del un excepcional experto na materia.

A milicia e o Camiño foron as súas grandes paixóns; pai de 12 fillos, 6 deles seguiron a carreira castrense. Entusiasta defensor e promotor do Camino Primixenio no tramo da catedral de San Salvador de Oviedo á tumba do Apóstolo, que no ano 814 percorrera o rei Alfonso II O Casto, que se ten polo primeiro peregrino.

Entusiasta colaborador da Asoc. Abrindo Camino, implantada na Mariña e a Chaira luguesa, cuxa filosofía e obxetivos eran coincidentes, participaba de forma activa nas súas actividades e defendía a existencia oficial dun desvío por San Martiño cara a Mondoñedo no itinerario norteño do Camino. Pola súa actitude sempre colaboradora, dende a xenerosidade, Abrindo Camino xa o nomeara Socio de Honra e a Asoc. do Camino Norte (País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia) concedéralle o distingo de Presidente de Honor.

Él quixo sempre manterse en segundo plano, sendo persoeiro principal, e renunciou a honras e galardóns polos seus traballos pero non puido evitar que a Federación de Amigos do Camiño e Asoc.extranxeiras e Camiños de Europa o recoñeceran como un dos meirandes impulsores do Camino Norte Primixenio.

Sirvan estas modestas liñas de recoñecemento e homenaxe mínima de Abrindo Camino ao ilustre cabaleiro-peregrino.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES