Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Traxedia en Ferrol

jueves, 12 de mayo de 2005
Este país móvese a golpe de traxedias.

Poden ser no mar, co afogamento dun percebeiro que sacrifica a súa vida na percura do diario sustento, do tripulante dunha gamela que non volve da marea, ou o afundimento dun pesqueiro que trae loito para unha poboación costeira.

Por ser na estrada, onde unha sangría continuada -hoxe aquí, mañán aló- se está levando, un a un ou catro a catro, mozos galegos cada fin de semana, nun cruento sacrificio incomprensible e absurdo.

Pode ser nunha fosa de purín, nun accidente de tractor, na baixada dun autobús... O accidente -traxedia individual ou colectiva- está sempre ahí, acompañándonos, sorprendéndonos, abraiándonos.

E agora, Ferrol. Traxedia cuádruple, en cadea, na que tres rapaces morreron por tentar salvar a unha compañeira.

É unha desas traxedias nas que, por non atopar, non atopamos culpables directos ós que botarlle culpas e descargar neles as nosas iras.

A investigación encargarase de comprobar que o lugar donde traballaban reunía ou non as condicións precisas, pero sexan estas axeitadas ou non, parece haber no accidente todo o que de fortuito pode haber para que suceda unha traxedia.

Ferrol está de loito; un loito contaxioso que se transmite a toda Galicia, pois ninguén pode permanecer insensible á morte de catro rapaces, con toda a vida por diante, que atopan a morte de súpeto en tanto cumpren co seu traballo de tódolos días.

As traxedias merecen silencio xeral. Que quen corresponda investigue os feitos. Que se poñan os medios precisos para que non se repita. Que se procure remedio ás necesidades materiais das familias. Para as outras necesidades non hai máis solución que o silencio. E o que sexa crente, a oración.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania