Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Carta dun bebé aos seus papás

lunes, 14 de enero de 2013
¡Ola, papás!:
Son o voso bebé, si xa cheguei. Vísteme persoalmente o día “X” do mes “Y” e do ano “Z”; pero eu xa estaba aí desde moito antes.

¿Lembrades cando saltou a chispa do amor nos vosos ollos e nos vosos corazóns?
¿Lembrades cando a forza do amor vos levou a unir as vosas vidas?
Pois daquela, eu xa estaba aí. Estaba escondidiño, invisible pero, dalgún xeito, xa estaba aí en potencia.

Antes de nada que darvos as grazas por darme permiso para ver este mundo marbilloso que outros moitos bebés coma min nunca poderán ver. O primeiro regalo que me fixestes foi o de darme a vida. Eso sempre o levarei no meu corazón. Sempre, incluso cando por lei de vida teña que elevar o vo e fundar a miña propia familia ou cando alguén se teña que ir...

Saín así, un neno precioso, normalísimo. Son pequeniño pero estou cargadiño de vitalidade e cun cerebro capaz de alcanzar moito máis do que vós poidades imaxinar.

Recoméndovos a lectura dun libro titulado:
DESARROLLA TU CEREBRO, de Joe Dispenza
Editorial Palmyra
Madrid 2008.

Nese libro poderedes ver como evoluciona o meu cerebro paso a paso, creando constantemente conexiones sinápticas e, o tino que debedes ter para educarme como desexades.

Na páxina 226 di :
“A través de la acción conjunta de la herencia y el medio, plantamos, abonamos y desbrozamos nuestro jardín neuronal según nuestras necesidades”

A herencia xa a collín no momento da formación do cigoto, pero agora ven o medio no que papá e mamá tedes moito que plantar, abonar e desbrozar, porque na 247 di: “Los genes no tienen por qué convertirse en nuestro destino…”

E na 323 tamén di:
“Lo que aprendemos y cómo lo recordamos, establece lo que somos.”

Queridos papás:
Estades embarcados na empresa máis importante da vosa vida: eu son un novo ser lanzado cara a un futuro que en boa medida teredes que construír vós memos, mentres eu non teño capacidade para dirixir os meus propios actos.

Confío plenamente en vós porque sei que sodes unhas persoas excelentes.
Confío plenamente en vós porque sei que nunca me deixaredes pasar fame nin frío.

Confío plenamente en vós porque me ensinaresde a ser unha persoa disciplinada, que saberei renunciar a moitas cousas que me gustan, en función doutras que me conveñen máis.

Confío plenamente en vós porque me ensinaredes a respetar á familia, ás persoas maiores, ós veciños, ós meus amigos, ós que pensan coma min e ós que pensan doutra maneira e ós meus mestres cando os teña.

Confío plenamente en vós porque sei que sempre estaredes ó meu carón para seguir o meu crecemento, correxir os meus erros e fortalecer a miña autoestima nos meus acertos.

Confío plenamente en vós porque desde moi pequeniño faredes de min unha persoa responsable encomendándome tarefas axeitadas ás miñas posibilidades sen discriminación de xénero, nin de raza, nin de relixión.

Confío plenamente en vós porque saberedes darme bos exemplos co voso comportamento do día a día.

Confío plenamente en vós porque sei que seremos unha familia exemplar unida polos vínculos do amor e do sangue.

Confío plenanente en vós porque tedes moi asumida a xerarquía de valores que vai dirixir a nosa familia: o amor ante todo, as boas normas de educación, o entendemento, o diálogo ante as discrepancias, a paz na casa e a guerra fóra ó prezo que sexa, a fidelidade ó proxecto familiar, a cooperación, o esforzo polo ben común, a unidade familiar, os valores morais por encima dos materiais e –a ser posible- que non falte a fe.

A fe duns nos outros e nese ser superior que chamamos Deus e que, nunca debería faltar nun fogar.

Queridos papás:
Confío plenamente en vós porque sei que seremos unha familia das que hai poucas hoxe en día.
Pase o que pase:
“NÓS SEREMOS UNHA FAMILIA EXEMPLAR”

O voso bebé.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES