Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alfonso Blanco (12-01-2013)

lunes, 14 de enero de 2013
Alfonso Blanco (12-01-2013) Es escuma do azul, raiz do mar.
Ti es mornura singular inmaculada.

Orixe do aire fresco, branco, nacarado,
dos fados da costa creado e alimentado.
Brisa enxertada nun arado,
rego profundo, para a leiba osixenar.

Es diminuto, transmedido,
de aceiro en lume traballado.
Non sei como desa voz e dese alento
sae tanto brador sen ningún grito.
Nin sei como desa estea, flebe, debuxada,
brota esa áurea que pesa coma plomo.

Non sei, como esa voz, en fíos niquelada,
sen ser sentenza, é, sen embargo
(rexa, clara, convincente, no cumio dun altar
ou no particular vivir de cada xente)
arroio de palabras, que entran no común
e nos pretores, rociando sinxelezas,
arrogancias soberbias e rubores.

Adail, es ti; guía de vereas novas.
Consolo a desvalidos, pan ás miserias.
Ventá de inxustas inxustizas; látigo de Cristo.
Espadal do demo!
Azoute aguillador; silabario; sudario da dór.

Quen pode adeviñar, que nesa túa feitura,
cabe toda Galicia,
tanta idea e tanto amor á Terra?

O que non cabe na túa arquitectura
cabe no grande espazo da grande alma túa.


(A Alfonso Blanco Torrado, crego, no seu nomeamento como "Veciño necesario" no 25 aniversario do Casón en Guitiriz)
Gzlez.Vigo, Marcial
Gzlez.Vigo, Marcial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES