Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Con calma

lunes, 14 de enero de 2013
A enerxía aos vinte, trinta anos xa é auga de bacallau. A fame da ansiedade a esas idades é moita. Pero o tempo pon a cada un no seu sitio. Xa me canso para todo. Ata para pasear, co que a min me gusta andar.

É certo, non é o mesmo pasear que andar. O paseo cansa. O andar entretén. Na propia lectura xa noto tamén o cansazo. Non son capaz de me tirar unha hora lendo, aínda que o libro estea moi interesante.

Aos vinte, aos trinta ferve o sangue para todo. Agora xa asoman coágulos, grumos que non deixan pasar as ansias de vivir a tope. Hai que tomar a vida con calma. Hai que descansar e deixar que o cansazo se deite sobre uns suspiros de tranquilidade.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES