Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Multarse a si mesmo

viernes, 11 de enero de 2013
Que a policía municipal de Lugo multe a dous vehículos participantes na Cabalgata de Reis celebrada o pasado día cinco, non pode encaixarse no capítulo de anécdotas, senón que expresa problemas máis profundos.

A Cabalgata está organizada polo concello de Lugo, a través do departamento de Cultura, contando coa colaboración doutros departamentos municipais entre os que están a Banda municipal, protección civil e a Policía municipal.

E para esta magna celebración, que conta co beneplácito de todos os pais e a devoción admirada de todos os nenos, o concello adoita aplicarse con esmero sabendo a necesidade de que todo resulte ben para manter a tradición e contentar a todos os devotos das S.MM. que somos todos ou case todos.

Normalmente, os vehículos que trasladan aos magos ou que arrastran as carrozas son cedidos por casas especializadas, que compensan o esforzo que teñen que facer coa publicidade que supón que os seus vehículos sexan vistos polo que esta vez si se pode chamar “todo Lugo”.

E resulta que un policía municipal de Lugo redactou cadansúa papeleta de
multa a dous dos vehículos participantes na Cabalgata por utilizar placas provisionais de matrícula, remolcar unha carga para a que estas placas non os autorizan, e porque os vehículos non eran conducidos por persoal das empresas que os ceden.

Non se trata de que os propietarios dos vehículos vaian ter problemas coas multas que poidan serlles aplicadas, que sabrán defenderse das acusacións segundo proceda. O que se trata é de que algo non se coordinou entre dous servicios do Concello, dos que o responsable máximo é o alcalde da cidade.
A Cabalgata de Reis sempre se organizou dentro dun marco xeral de boa vontade, con colaboracións diversas, solicitadas polo concello, no entendemento dun ben común que é o mantemento da ilusión dos nenos e das súas familias. E a Policía municipal mantiña a orde, abrindo e pechando a Cabalgata e cuidando o seu correcto desenvolvemento polas rúas lucenses.

O tema seguirá coleando e será arma arroxadiza entre as forzas políticas, especialmente da oposición que entendendo que a Policía só cumpre co seu deber, culpa do tema á alcaldía.

Sen chegar a falar do problema de Málaga, que costou na Cabalgata a vida a un neno de seis anos, o tema de Lugo pode dificultar e encarecer próximas celebracións, pero sobre todo evidencia que a cadea de mando non funcionou axeitadamente e que o problema de fondo é outro moi diferente do das placas identificativas dos vehículos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania