Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Obesidade e sobrepeso

miércoles, 11 de mayo de 2005
Aínda que a matemática non permite sumar conceptos heteroxéneos, sí se pode amosar e comparar determinados aspectos que -alomenos no exterior- teñen certa semellanza.

Os galegos temos problemas de volume, e ata un 22% da nosa poboación ten problemas de obesidade que, se nos atemos somentes ó sobrepeso, chega ó 35% dos homes e ó 42 por cento das mulleres.

É este un problema moderno, derivado de hábitos de consumo e mesmo de clara elevación do nivel de vida, xa que ninguén nos sesenta ou setenta do pasado século -onte mesmo- podería predecir que na depauperada Galicia se podería dar unha circunstancia así. Claro que o problema ten de abundancia económica non pode consolar o que ten de abandono de hábitos de vida tradicionais cambiados por fórmulas foráneas interesadas.

E ó tempo que nos enteramos do problema do sobrepeso, coñecemos que os galegos destinamos á compra da vivenda un 35% do soldo, que as hipotecas abranguen un período dun cuarto de século, e que o 66% dos adquirentes comprou a súa vivenda nos últimos anos, sen dúbida convencidos pola bonanza económica e os baixos intereses dos préstamos.

Pero para compensar os baixos intereses están as subidas paulatinas dos custes da vivenda, que se ven calculando en máis dun quince por cento anual, co que se da neste sector aínda maior sobrepeso e obesidade que no referente ó dos propios galegos.

En ámbolos dous casos imponse unha cura radical. Dunha banda, racionalizando costumes, facendo exercicio e volvendo ós alimentos tradicionais. Doutra, vixiando o mercado, promovendo a vivenda pública e sobre todo divulgando a realidade dun sector que se supón inmerso nunha macroburbulla que pode estoupar en calquera momento.

Obesidade e sobrepeso que hai que deter, controlar, e reducir. Que os poderes públicos deben afrontar decididamente. A ver quen se atreve!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania