Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os dereitos dos cidadáns

viernes, 11 de enero de 2013
Falamos de dereitos e deberes en abstracto, porque así o entendemos os particulares que non temos capacidade de decisión en relación coa inmensa maioría dos temas que nos afectan, que nos veñen condicionados polas decisións de autoridades, institucións ou corporacións, diante das que non nos queda máis remedio que acatalas. Ou formular as reclamacións oportunas, co que eso supón de tempo e trámites.

Pero cando sobre o tema dos dereitos dos cidadáns se pronuncia o Fiscal superior de Galicia, na apertura do Ano Xudicial, establécese unha clarificación da situación, que podería dar paso a accións concretas polos organismos especializados ou á dulcificación das condicións por parte dos que establecen as reglas de xogo económicas e sociais.

O Fiscal Superior de Galicia, contemplando a situación que a crise vai establecendo no país, estimou que esta poderá superarse polo reforzo do Dereito e do modelo xurídico mesmo fronte á arbitraxe no mundo dos negocios, e abogou por unha reforma ambiciosa nas demarcacións xudiciais e unha reforma integral do sistema xudicial para evitar as demoras no enxuizamento dos asuntos.

Recalcou o fiscal xeral que non é permisible a sustitución dos dereitos dos cidadáns polos dereitos do mundo dos negocios. Pois con isto está dito todo.

Ata agora os poderes públicos están apoiando o mundo dos negocios, a gran banca, as institucións, e castigando, apretando, explotando aos particulares que non poden defenderse e teñen que apeitar con todo o que sobre eles está caendo.

Se as palabras do fiscal se traducen en accións decididas nos casos máis flagrantes, posiblemente esteamos dando pasos firmes na restauración dos dereitos dos cidadáns frente aos abusos dos poderosos, do poder.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES