Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Como en Alemania

jueves, 10 de enero de 2013
Pechamos 2012 coas peores cifras do paro en España e en Galicia, batendo todos os records posibles se é que batir estes records é para mencionalo publicamento á vez que motivo de absoluta vergoña como colectividade, como país, que é incapaz de proporcionar un traballo ás súas xentes enderezando unha nave que camiña sen rumbo fixo.

Galicia perdeu o pasado ano arredor de corenta mil empregos, achegándose a cifra actual de parados aos douscentos oitenta mil. E poden apreciarse que verdean brotes, que melloran circunstancias, que pintan mellor as cousss para o ano no que andamos pero hai que ser temerariamente optimistas para pensar que esto está mellorando ou a punto de mellorar.

E nesto que nos enteramos que Alemania ven de pechar o mesmo ano que para nós foi tan nefasto laboralmente co paro máis baixo dos últimos vinte anos, e con cifras record de emprego, do que presumen os seus gobernantes.

Non é de extrañar que con estes resultados Alemania considere que Europa ten varias velocidades, e que se ese país vai na primeira a outros moitos tócanos a segunda na mellor dos casos. E se pensamos que as cestas económicas e laborais dun e doutro país se constrúen cos mesmos bimbios, con capital, con materias primas, con persoas, con traballo, con organización, con planificación e con accións exteriores, algo moi grave está sucedendo, xogando á nosa contra.

Posiblemente se a situación fose ao contrario, estaríamos pedindo para Alemania a saída da comunidade europea ou o establecemento de medidas correctoras que impedisen que nos arrastrasen na súa caída irremisible.

Aquí, como en Alemania, pero con signo contrario. Aparentemente, sen remedio.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES