Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Perto de Portugal

martes, 10 de mayo de 2005
Durante séculos, Galicia e Portugal viviron de costas. Tan pertos e tan distantes.

Ó ser tan iguais, mesmo en pobreza, creouse un mutuo sentimento de lonxanía, de arredamento.

Os “Irmáns de máis aló do Miño” estaban separados de nós, ademáis de polo gran río común, por fronteiras físicas e por milleiros de barreiras mentais.

Pero todo cambia, e ós galegos de comezos do século XXI tocounos a sorte de chegar á irmandade real coas terras do norte de Portugal. Por historia, por afinidade cultural… e por economía.

Vimos de coñecer que Galicia é a terceira comunidade hispana onde máis medrou a economía en 2004, cun 3,16%, despois de Madrid e Navarra. E unha razón poderosa para este feito está no tirón que as comunidades fronteirizas con Portugal están experimentando.

Por outra banda, vense de facer público que o 25% do negocio financieiro de Galicia, radica en Vigo e na súa zona de influencia, onde están contabilizadas 29.000 pequenas e medianas empresas. Perto de Portugal e, polo tanto, nas mellores condicións para progresar.

Miremos a Portugal; acheguémonos a Portugal. Do mesmo xeito que eles son o noso pasado tamén poden ser o noso inmediato futuro. E nós, o mesmo para eles. Ou sexa: Condenados a entendernos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES