Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O de NCG non se entende

miércoles, 09 de enero de 2013
Por moito que o Goberno se empeñe en explicalo, non se da entendido que a outrora florecente entidade de aforro xenuinamente galega que foi medrando ao englobar diversas entidades menores, xuntando finalmente as dúas grandes do aforro galego chegue na actualidade a un valor negativo.

¿Cómo é posible que unha entidade así pase primeiro a ser un banco e logo resulte que este banco non ten valor, e se o ten é con signo negativo, quedando o seu capital reducido a cero e perdendo os investidores canto a este capital aportaron?

Sabemos que neste país duns anos a este parte, no último quinquenio, cambiaron demasiadas cousas, e no caso da economía pasouse dun crecemento uniformemente acelerado da construcción e créditos atolondrados para todo e para todos ata a situación actual en que nin os que posúen efectivo para mercar ao contado ousan meterse en adquisicións que pudieran complicarlle a situación no futuro. Pero non sabemos exactamente os mecanismos que funcionaron para chegar a esta situación, os plantexamentos de funcionamento destas entidades, as fendas polas que fuxiron a cachón as súas multimillonarias posibilidades, a falta de responsable e de coñecementos dos que desde a política intervinieron no funcionamento das caixas, e a situación real deste momento que parece ser dunha absoluta bancarrota.

O Frob, Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria, ese organismo nacido para regular os desaxustes bancarios, vaise quedar coa entidade; co que quede da entidade. Entidade da que serán accionistas, ademáis do Frob, os que perciban propiedade como compensación á metade do valor teórico das súas preferentes. E a intentar pervivir. ou ser absorbida por outra entidade, privada por suposto, que a reflote e lle ensine a navegar.

Todo esto, poden explicárnolo como queiran. Pero non se entende.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES