Delegada rexia para a Ofrenda
Editorial - lunes, 07 de enero de 2013
A Presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, foi a Delegada Rexia que efectuou a Ofrenda da Traslación do apóstolo Santiago, na catedral compostelana. Postos a facer delegación por parte da Casa Real, está ben que a elixida sexa a Presidenta da Cámara onde radica a representación de todo o pobo galego, pero non estaría de máis que non existisen este tipo de delegacións e as ofrendas fosen presentadas pola máxima autoridade do Estado.
Suponse que unha ofrenda coma esta ten un innegable sentido relixioso pero ten tamén un sentido de Estado, de vinculaciòn entre a máxima representación do Estado e unha Comunidade Autónoma, precisamente a través do vínculo común da persoa do Fillo do Trono, Patrón de España e de Galicia, e que tanto valor simbólico ten para Galicia ao convertila no final de todos os camiños que conducen ata a tumba do Apóstolo e que cada ano son recorridos por centos de milleiros de persoas.
Exercer o papel de oferente e propio da Súa Maxestade El Rei, ou en calquera membro da familia real que sexa designado, precisamente para destacar o papel representativo da corona nos actos máis destacados, especialmente estes que se ven como reafirmación do papel de Santiago e de Galicia na salvagarda da fe e da memoria das peregrinacións a esta fin do mundo.
O simbolismo da Ofrenda vai parello coa persoa do oferente. Poden, claro está, facerse delegacións rexias. Pero que non se garde a presenta real para ocasións destacadas plurianuales. Cada unha de estas celebracións, e outras similares ofrendas, son ocasións destacadas e especiais.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora