Xenio e figura
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 07 de enero de 2013
Está morto. Pero vendo os seus vídeo clips, a verdade é que lle levanta o ánimo a calquera. Sería todo o problemático que ti queiras, lector, pero era o rei do pop. Falo de Michael Jackson. As súas cancións, a súa música, o seu ritmo e, principalmente, as súas coreografías non deixan indiferente. O que pasa é que ás veces o éxito funde a calquera e, moitas veces, aos mellores.
Estou a contemplar un dos seus vídeo clips, unha das súas coreografías e non podo apartar a mirada. O bonito do asunto é que isto mesmo non está a impactarme tan só a min; o camareiro e un cliente están a conversar sobre ese xenio da música. Practicamente cincuenta anos cantando; dende pequeniño ata a súa morte. Non pensemos na súa explotación.
Escoitemos os seus temas; eses que, se estás sentado, fan que os teus pés empecen a patear sobre o piso da cafetaría ou os dedos das mans a tamborilar sobre a mesa. Aí vai a frase: xenio e figura ata a sepultura.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora