Carta da Uned Senior aos Magos
Cachaza Platas, Mercedes - viernes, 04 de enero de 2013
Como alumna da Uned Senior de Xestoso, dou fe de que a maxia existe. Se non existira, non tería explicación que un numeroso grupo de persoas de avanzada idade, procedentes dos concellos de Guitiriz, e Xermade na provincia de de Lugo e os de Aranga, Monfero e Paderne na provincia de A Coruña; estiveran matriculadas na Uned Senior de Xestoso.
É algo incrible, pero certo. Nunca os nosos devanceiros poideron sospeitar que nesta zona do rural galego existira unha Universidade. É algo máxico. Desto dan fe os aquivos da Uned na Coruña e máis en Madrid. E tamén damos fe nós mesmos coa nosa presenza nas aulas da Uned Senior de Xestoso.
A verdade é que somos máxicos e por eso mesmo cremos na maxia. Cremos na maxia e nos MAGOS que a fan posible.
Persoalmente soamente coñecemos a un MAGO chamado Luis Ángel Rodríguez Patiño; pero sabemos que el ten outros enlaces máis ou menos visibles que fan posible esta máxica labor universitaria ó pé da Serra da Loba.
A eses OUTROS MAGOS son ós que me quero dirixir con estas humildes palabras en representación de todo o alumnado da Uned Senior de Xestoso.
En primeiro lugar queremos manifestarlles o noso máximo agradecemento, pola súa boa vontade e polas aportacións económicas tan imprescindibles para unha empresa de tanta importancia pedagóxica, social e cultural.
Somos un colectivo que lle tocou vivir a guerra, a postguerra e que coa súa suor conseguiu erguer o país da miseria económica para que as xeración vindeiras poideran alcanzar os nieveis de benestar económico e social, que nós non tivemos.
Somos conscientes de que estamos pasando unha mala racha a nivel mundial e de que, os cartiños danse ben aproveitados; pero aínda así sabemos que hai máis cartos que nunca. E se non que nolo pregunten a nós
que deso sabemos moito, moito.
Consideramos que é de xustiza non esquecer ós nosos maiores porque a fin de contas, a eles lles debemos o que hoxe temos e, por outra banda, os xoves de hoxe tamén chegarán a ser rmaiores outro día non moi lonxano e, de boa gana, desexarán ter consolidada unha Universidade no Rural como é a Uned Senior de Xestoso, para fixar a población no seu propio entorno, envellecendo activos e cultos.
Empezamos un ano novo cargadiño de entusiamso para seguir aprendendo porque temos a nosa confianza posta nos MAGOS da UNED Senior de Xestoso que seguirán apoiando unha causa tan noble cun presuposto axeitado.
Non pedimos luxos nin caprichos, tan só o mínimo para dar por satisfeitas as nosas ganas de aprender as maxistrais leccións que nos veñen ofrecendo os nosos benqueridos Profesores.
¿Non é algo extraordinariamente significativo que os maiores teñan ganas de seguir aprendendo nunha Universidade?
¿Non é un bo precedente para os que veñen detrás?
¿Non é sabia unha sociedade que honra ós seus maiores?
¿Non honramos os maiores a quen fai posible este labor?
¿Non é un bo exemplo para o mundo enteiro?
Entonces
O alumnado de Uned Senior de Xestoso confía plenamente nos MAGOS (Enténdase: Congreso, Senado, Ministerios, Consellerías, Concellos, Institucións, Particulares e mesmo a Casa Real, se fora preciso) para que a Uned Senior de Xestoso poida seguir medrando e dando lugar a que noutros lugares de España se poida facer outro tanto polo medio rural.
Ese medio rural que sabe conservar as tradicións e o sabor da terra, merece terse en conta e saber que existe á hora de ofrecerlle unha sentude de calidade.
¡Moitas grazas, queridos Magos!
( MERCEDES CACHAZA PLATAS é Alumna da Uned Senior)

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora