Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O pastel das emisoras

lunes, 09 de mayo de 2005
O Consello da Xunta de Galicia vai adxudicar a comezo do próximo verán (antes do catro de agosto). as concesións de televisión dixital terrestre en Galicia, para cumprir os prazos que están establecidos na Lei.

Xa se alzaron voces protestando polo que parece inoportunidade política de facer tan importantes adxudicacións cando se tratará dun goberno provisional, en tanto non toma posesión o que salla das eleccións do 19 de xuño.

E non hai nada que dicir ó respecto.

Non hai nada que dicir, porque estas cousas sempre pasan nos últimos tempos dos gobernos. Pasou en Madrid, coa Unión do Centro Democrático, cando adxudicou unhas anceiadas concesións de emisoras de radio que foron para quen foron.

Pasou na Xunta de Galicia, en época do tripartito, tamén con concesións de emisoras de radio, adxudicadas a presuntos simpatizantes da forza que tiña responsabilidades no tema.

Non se pode dicir que esta adxudicación non vaia ser escrupulosamente profesional, nin de que as empresas que resulten beneficiarias das concesións non vaian cumprir tamén de xeito escrupuloso coas súas obrigas en relación coa programación e o idioma.

Que esto hasta agora non se teña cumprido non quere dicir que nestas de agora non se vaia cumprir.

Pero sobre a data e o proceso, ninguén diga nada. É o usual.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania