Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A usura dos nosos bancos

viernes, 04 de enero de 2013
O que en tempos se entendía por usura era o sistema no que os prestamistas, abusando do seu poder sobre os máis febles, imponían condicións desmesuradas nos intereses que recibían polos cartos en préstamo, e no resto dos requisitos precisos para poder dispoñer do que hoxe se chama liquidez e en tempos podía ser simplemente conseguir diñeiro para poder pagar os impostos (os “trabucos” ) que gravaban as propiedades mínimas dos nosos devanceiros. E foron milleiros os que, por non poder aboar intereses e amortizacións, perderon os seus modestos bens mentras os prestamistas se quedaban con eles.

O mesmo ocorre na actualidade coas entidades dedicadas ao aforro e o crédito. Despois da locura crediticia de hai uns anos, e conseguidos cuantiosos beneficios a costa dos incautos que soñaron ser propietarios, están agora nunha nova etapa que seguirá a producir incontables rendementos.

Conceden créditos a condición de que o prestatario sexa ostensiblemente solvente, pero á vez fanlle suscribir un seguro de vida para responder se é o caso. Reforzan as hipotecas con avais personais. Redactan con exquisito cuidado as condicións de calquera póliza – “letra pequena” se lle chama – onde todo queda atado e ben atado. E poden doblar os intereses da noite para a mañá, dependendo dun mercado que ninguén coñece e que a todos afecta.

Se esto non é usura que nos digan a partir de cal linea roxa se establecen condicións innobles, e ata onde é lícito chegar.

En tempos, o Banco de España era o emisor de moeda e o regulador das condicións que debían rexer nas desiguais relacións entre os bancos e os particulares. Agora que ou está desaparecido ou o seu labor reducido e reprimido pola influencia das institucións europeas, alguén debería atar en corto ás nosas todopoderosas institucións financieras para evitar que sigan abusando de nós. Ou crear unha banca pública que establecese un xeito de relación normal e normalizada para que o resto das entidades non tivesen máis remedio que acomodarse a ela.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES