Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As preferentes de nunca acabar

jueves, 03 de enero de 2013
Somos os galegos moi dados a gardar para o día de mañá. Somos datos a ir gardando, pouco a pouco,o que conseguimos aforrar, aínda privándonos de cousas importantes, para ter no futuro un acomodo, e poder enfrontar situacións imprevisibles; para poder resistir en ocasións coma esta.

O panorama bancario que nos rodea fainos lembrar e anceiar aquel sistema dos nosos devanceiros de gardar os cartos no colchón ruxidor de folla de millo das clases modestas ou no silencioso pero moitas veces incómodo de lá ou similares materias, onde se protexían moedas ou billetes que deixaban de ver a luz do sol.

Agora os aforros transfórmanse en diñeiro electrónico que asoma nos saldos das contas correntes ou de aforro, en accións ou obrigas ou – no peor dos casos- en “preferentes” que teñen causado máis sinsabores nos últimos tempos ás nosas xentes que se unha peste negra se abatise sobre todos nós.

En tanto, o goberno non sabe nin contestar, que tanto informa de que os afectados poden recuperar os seus aforros dialogando como reclamando seriamente, para chegar á conclusión de que os afectados van ter que perder arredor dun corenta por cento dos seus investimentos – que non sabían que eran tales- e o que van percibir serán accións dun banco aínda nonnato, de xeito que perdan os de sempre e gane un sistema bancario que parece ser moito máis importante que a xeneralidade do país.

Estamos nun sistema de “preferentes” de nunca acabar. Pero esto non vai polo das participacións. Vai porque o noso entramado social, e os grupos políticos que nos representan e gobernan (ou se opoñen lealmente) prefiren ao sistema bancario que a todos nós. E esa “preferencia” acabaremos pagándoa todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES