
CLASE DE MÚSICA NA UNED-Senior DE XESTOSO (MONFERO-A CORUÑA)
A Uned Senior de Xestoso ofrece diferentes asignaturas ó seu alumnado. Unha delas é a clase de Música.Todos sabemos que a música é un idoma universal e que incluso amansa ás feras.
O que non deixa de ser sorprendente é que as persoas que peiteamos canas desde fai moitísmos anos, mostremos interese e entusiasmo por aprender a tocar un instrumentos a estas alturas
Soprendente é pero a realidade é que o alumnado da Uned senior de Xestoso (de avanzada idade, sexa dito) está progresando moi adecuadamente.
Empezamos de cero a principio de curso a inmensa maioría e quen máis e quen menos todos sabemos como se colle un instrumento e como se fai sonar de xeito un tanto harmónico. A verdade é que dá gusto vernos e tamén oírnos. Os restantes compañeiros disfrutan coas nosas cancións e coa músca dos nosos instrumentos.
Somos un nutrido grupo de entre corenta e cincuenta componentes:
-Un violín.
-Tres acordeóns.
-Dous bombos.
-Cinco tambores.
-Unha caixa.
-Cinco gaitas galegas.
-Tres saxos
-Unha trompeta.
- Un excelente charrasco
-Máis dunha vintena de pandereteiras
-E moitas cunchas.

Se a todo esto lle engadimos uns profesor excepcional en sabedoría, música e bondade; o resultado é doado de adiviñar:
Somos o grupo de magníficos da Uned senior de Xestoso que ó mesmo tempo que disfrutamos nós, tamén alegramos a vida dos nosos compañeiros, a dos restantes profesores e de modo especial a do noso benquerido profesor de Música.
Quédame por decir que o noso Coordinador, que nos vixía moi de cerca, non dá creto ó que ven os seus ollos e nin que oen os seus oídos.
O máis importante é que : Somos moi felices