Día dos Inocentes, 2012
Cardalda, Theo - jueves, 03 de enero de 2013
Desde o Preguntoiro
O día 28 de decembro o Sr. Presidente fixo unhas declaracións dun ano de goberno. Non sei se foi unha inocentada ou foi un esperpento do que falaba hai unha morea de anos D. Ramón del Valle-Inclán. Coido que máis ben foi esa deformación grotesca da realidade e das palabras para definir esa realidade, desta maneira precisaba ao esperpento o noso grande literato.
A realidade é outra, un ano máis de recortes e destrución do construído, segundo o Sr. Mariano sempre estivo pensando no ben común das persoas e non no beneficio duns poucos sacauntos que privatizan a sanidade, educación, investigación, bombeiros, TV pública e un longo etcétera.
Ten o Sr. Presidente un ministro de economía Luís de Guindos que é para guindalo, este é o mesmo que foi responsable en España da Banca quebrada Lehman Brothers. Unha ministra de traballo que se despelota na creación de postos de traballo rezando á Virxe do Rocío e fai todo o posible para escravizar aos traballadores.
Un ministro de Educación que só pensa en privatizar o ensino facendo un grande negocio. Un ministro de xustiza Sr. Gallardón que di: .....le haremos pagar la justicia a la gente para salir del antiguo régimen.... e logo indulta a torturadores e banqueiros aplicando unha Ley de 1870. A delegada do goberno en Madrid a Sra. Cifuentes ataca aos manifestantes con cambios no código penal, criminalización, detencións con probas falsas como o de o mozo Alfonso que leva máis dun mes pechado na cadea por defender a todos nós, collérono de chivo expiatorio para usar o medo contra o persoal. Unha democracia pero sen demócratas, e iso só ten un nome: capitalismo salvaxe e ditadura solapada.
O levan no ADN, todo este esperpento ao logo do ano pode quedar resumido en tres palabras ditas pola deputada Fabra no Parlamento : que se jodan.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora