Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Conviccións

viernes, 06 de mayo de 2005
A un político, hai que supoñerlle unhas firmes conviccións, acordes co ideario do seu Partido, que lle permitan comulgar con entusiasmo nas ocasións de triunfo, e soportar con resignación os trances amargos.

A carencia de conviccións firmes nunha determinada dirección queda para os que queiran sentirse libres, os que non se identifiquen de forma precisa coas liñas políticas existentes, e para os desinteresados da política.

E sen embargo, os ventos pre-electorais trastocan talantes e conviccións e alteran o natural ritmo das cousas, de xeito que algúns "convictos" vacilan, e os carentes de conviccións quedan abraiados.

Pablo Mosquera, onte mesmo lider de Unidade Alavesa (que é dicir o mesmo que Partido Popular), que veu a Galicia para estar "na casa", volve desencantado ó País Basco, e afíliase ó Partido Socialista.

Xaquín Fernández de Leiceaga, que foi dos fundadores do Bloque Nacionalista Galego, pasouse ó Psoe, do que é concelleiro, e pode ir en lugar de saída nas listas ó Parlamento de Galicia.

Rodríguez Corcoba, lider do PP na provincia da Coruña, que contaba con ir nas listas e parece ser que non vai, dimitirá se esta exclusión se confirma.

Parece como se as conviccións actuais non fosen demasiado firmes, ou como se as conviccións persoais non coincidisen coas que se lles supoñen por pertencer a un determinado grupo político.

Diante da escasa firmeza que algúns parecen ter, os partidos van ter que replantearse os mecanismos de admisión, os de promoción e, en todo caso, formar ós seus dirixentes nesta especial materia, vital para manter firme a cohesión interna.

Como elemento de formación poderían botar man daquela esperpéntica asignatura de "Formación de espíritu nacional" que sufriron os estudiantes dos anos cincuenta e sesenta, adaptándoa ás circunstancias internas de cada formación, para explicarlles ós militantes destacados que cousa son as conviccións e como hai que mantelas e reforzalas, para evitar futuras defeccións.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES