Subidas
Editorial - miércoles, 02 de enero de 2013
A costa de xaneiro, este ano será máis costa. Porque se xa é tradicional que o mes de xaneiro sexa un mes económicamente difícil de transitar, tendo en conta a base de onde procedemos todo o 2012-, en que condicións chegamos, e as novas que estes días se producen, a situación vai ser moito máis problemática.
Os que están en condicións de marcar as reglas da economía, aproveitan momentos coma este vacacións, verán, Semana santa ou Nadal- para dar renda solta ás súas posibilidades de poñernos as cousas menos doadas.
E así, cando este novo ano comeza, suben temas tan básicos coma os combustibles ou a enerxía eléctrica, sen contar as peaxes, sen que ninguén nos pida perdón pola agresión.
Porque se todo se contrae, se reducen salarios, evolúen de xeito negativo produccións, ventas e capacidades, pero se autorizan subidas que repercuten de xeito grave nas economías máis básicas e menos dotadas, o resultado previsible é unha catástrofe.
Mentras tanto, as pensións outra tema sensible para milleiros de familias soben o un por cento as de máis de 1.000 euros ao mes, e un dous por cento as menores de mil.
A milleiros de galegos non lles saen as contas. Desde hoxe mesmo, o resultado vai ser moito peor.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora