Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un 2013 mellor do que nos anuncian

lunes, 31 de diciembre de 2012
As datas nas que nos encontramos, veñen obrigarnos a facer un balance do ano que remata e previsións ou alomenos bos desexos para o que vai comezar, adoitándose representar ao ano que remata coma un vello cangado por todos os achaques, e ao que está a punto de chegar como un neno que vai dar os seus primeiros pasos pola vida.

E expresamos a coñecidos e amigos o desexo dunhas felices festas e un aninovo cheo de venturas.

Pero se todos os cambios de ano son considerados ocasións especiais, neste no que nos encontramos moito máis polas circunstancias que nos envolven, económicas e sociais, sendo imposible disociar os dous aspectos que se nos presentan trabados de maneira que se supón definitiva.

Remata un ano no que aos cidadáns de a pé nos parece que o goberno central non parou de dar paus de cego. E somos xa poucos os que conservamos o desexo de que saiban o que están facendo, xa que non lles falta formación nin a información precisa para saber como vai responder o país a todas as súas decisións.

Remata un ano no que o paro non deixou de medrar, as cifras de produccións, de vendas, de facturación das empresas non deixaron de baixar, e os comercios que pechan en todas as xeografías urbanas do país foron incontables.

Remata un ano nos que os conflictos non deixaron de aflorar, fose pola economía en xeral, polas preferentes, polos desahucios, polos Eres, pola lingua, pola cuestión autonómica...

Para quen teña alta responsabilidad de goberno, o ano 2012 tivo que ser un verdadeiro “sen vivir”, como foi agónico para a xeneralidade das persoas que nos vemos afectados por todos e cada un dos problemas, senon porque nos afecten todos directamente senón pola parte alícuota que como cidadáns nos toca de toda a batifoula con que se nos bombardea a diario a través dos xa omnipresentes medios de comunicación social.

Pois chegados a este punto, naturalmente que compre desexar a todos unhas felices festas, e un mellor ano 2013. Que no 2013, aínda que seguiremos tendo malas noticias, teñamos algunha
boa de cando en cando para evidenciar que algo, algo, empezamos a mellorar.

O panorama non permite desexar nada máis que 2013 sexa algo mellor do que nos están anunciando que vai ser.

Pois que así sexa!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania