Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aire frío

lunes, 31 de diciembre de 2012
A pesar de estar dentro da cafetaría, nótase o frío. O aire está a golpear con forza sobre os xeonllos, e cando, unhas horas antes, andaba a ler pola pista dos Agros de Baños de Molgas, batía sen misericordia no pescozo e no cocote.

Logo de colocar sobre a cabeza un gorro negro de la, o maldito aínda buscaba ocos que eu intentaba tapar subindo todo o que daba de si o colo do gabán.

O aire tamén maltrataba coma látego de sete colas as puntas dos dedos das mans por estar estas ocupadas suxeitando a voluminoso libro “O penúltimo soño”, de Ángela Becerra.

O resto das mans estaban cubertas por uns guantes de la que me fixera miña nai para que puidese ler precisamente ao aire libre nos días de inverno. Guantes cos dedos cortados. Bendita e querida nai!.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES