Xubilación
Editorial - viernes, 28 de diciembre de 2012
A Europa todo lle parece pouco. Entendendo por Europa os que gobernan económicamente Europa, Alemania á cabeza, que marcan as velocidades de cruceiro ás que temos que percorrer camiños inéditos e que nos someten a probas de esforzo que a priori parecen imposibles de superar.
Agora Europa, esa Europa tremenda e tiránica que nos goberna, obríganos a tomar decisións drásticas en relacións coas pensións de xubilación, que parecen chamarlles a atención polos seus importes que a nós nos parecen modestos en xeral- e polo período de disfrute.
Mentras que en Francia os traballadores se xubilan aos 62 anos, aquí estamos pasando dos 65 aos 67, e aínda lles parece pouco, sobre todo se temos en conta as desmesuras que este país vivíu coas xubilacións parciais e as prexubilacións, especialmente dos traballadores do sector bancario.
Desa Europa desaforada xa chegaron avisos ao goberno español de que o proceso de evolución das pensións hispanas, que se planificaron para chegar ao 2027 coa transformación en marcha xa rematada, non vai a chegar e vai haber que facer algún outro tipo de reaxuste.
Vivimos máis, devengamos pensións relacionadas co tipo de cotización, provocamos un inmenso gasto... e todo eso nesa Europa lonxana, gran irmán que vixía todos os nosos movementos, preocupa. E o malo é que, despois de todo, esa preocupante Europa é a que manda en todo o noso; é a que manda en nós.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora