Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vacas sagradas

jueves, 27 de diciembre de 2012
Houbo un tempo no que tiñamos diñeiro, aforrábamos, e ese diñeiro aforrado confiabamolo ás entidades bancarias e de aforro de formas moi diversas, que comezaban nas contas correntes nas que se podía retirar en calquera momento, pero a compensación económica era mínima. Había logo as contas de aforro a prazo, nas que o rendemento era maior pero non se podía retirar o diñeiro ata un momento dado. E por fin, outros produtos moi rendibles que as entidades bancarias adxudicaban con fruición a quen quería un elevado rendemento sen preguntar os riscos, nunha época na que non parecía haber ningún problema en confiar a alguén os aforros.

E viviuse unha época de expansión sen límites aparentes, onde os depósitos nas entidades económicas resultaban golosos para os aforradores, e bancos e caixas concedían créditos con alegría nunca vista, nunha dinámica que un estoupido lonxano crebou, provocando unha hecatombe.

A crise empezou a abatir aos que tiñan un posto de traballo en precario, e aínda moitos que coidaban ter traballo fixo. Fixo perder o status de propietario a moitos que pagaban hipoteca pola súa vivenda. E demostrou a moitos aforradores que non era aconsellable deixarse influir por promesas verbais ou documentos farragosos, xa que o que coidaban depósito seguro para os aforros de toda unha vida respondía ao nome de “preferentes”, que non era posible recuperar en tempo prudencial porque os xogos da economía actuaban neste campo con cartas marcadas.

Hai aforradores que reclamaron, e recuperaron a súa inversión, pero moitos outros agardan e temen polos seus aforros, non valéndolles a solución que da o Ministro Guindos de recuperar ata un 60% do capital investido, e esto en accións do banco que sucederá a Nova Caixa Galicia.

Houbo un tempo no que tiñamos diñeiro. Xa non é ese tempo. E cando ese tempo volva, que tardará en volver, teremos aprendidas moitas leccións sobre como gastar o diñeiro que obtemos polo noso traballo, como aforrar e para que, pero sobre todo seguro que teremos aprendido que as entidades bancarias e de aforro buscaron tan só o seu beneficio e importoulles pouco o que pasara cos aforradores no caso de que, como aconteceu, as cousas viñeran mal dadas, e a crise nos afectase a todos.

O sistema ao que confiaron os seus aforros milleiros de galegos estaba montado sobre bases demasiado fráxiles para resistir un temporal coma este. Pero para as autoridades competentes os bancos son sagrados. Se hai que axudar, axudaranos a eles. Son as vacas sagradas da nosa sociedade. E nun tempo de “vacas flacas” , que haxa vacas sagradas é unha ignominia.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania