Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Seguimos recortando

jueves, 27 de diciembre de 2012
Hai no funcionariado galego unha psicose de persecución que non axuda á normalidade do traballo nin á tranquilidade do vivir.

Esa psicose era especialmente perceptible estes últimos días cando se empezou a falar de recortes inminentes nos dereitos e nas percepcións, para que a administración puidese enfrontar con perspectivas de sostibilidade o ano que vai comezar.

Os funcionarios comezan a sentirse chivo expiatorio de todos os problemas, e eso non é bo. Que sabido é que se trata dun colectivo que goza de importantes beneficios en relación cos traballadores do común, especialmente a fixeza no emprego, pero séntense perseguidos por unha administración á que serven e da que forman parte.

A desaparición dos días chamados “moscosos” porque foi na época do ministro Moscoso cando se instauraron, rebaixas en relación cos primeiros días dunha enfermidade, desaparición da tan sensible paga extraordinaria do Nadal, e as previsións para o ano próximo sitúan ao colectivo funcionarial nunha especie de limpo, á vez que no punto de mira de todos por estimar que se tan importantes son á hora de recortar, moitos beneficios superfluos deberon conseguir.

E sen embargo hai moitos funcionarios mileuristas e de menos de 1.000 euros ao mes. Que pode ser un raseiro importante ese do mileurismo, pero que polos recortes e o aumento dos custos dos servizos básicos está en camiño de non ser referente de nada, como non seña a barreira entre a miseria e a supervivencia.

A única vantaxe de seguir recortando e de seguir facendo recortas é que dese xeito podemos ir poñendo a proba a nosa capacidade de adaptación ás dificultades; a nosa posible resistencia, e a comprobación de canto imos perdendo e ata onde imos poder resistir.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES