Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cambio de era

miércoles, 26 de diciembre de 2012
Non tiñan razón os maias: A fin do mundo non se producíu na data crítica de decembro de 2012, por moito que se prevese desde hai centos de anos. Tiñan razón os maias, se así se pode entender: vanse producir cambios moi profundos no mundo que vivimos, rematando un xeito de vida e comezando outro que aínda está por perfilar, e que con noso comportamento e coas nosas realidades, iremos perfilando nos próximos tempos.

Que non é que os tempos fosen chegados, pero nin os tempos que viviron os nosos pais foron os dos nosos avós, nin estes tempos nosos que estamos vivindo se van parecer en nada aos que hai tres ou catro décadas.

Aqueles xeitos de traballar e de vivir, de atesourar e prever, non valen xa para hoxe. Non se traballa nas mesmas cousas, que a informática e Internet e as novas tecnoloxías modificaron todos os parámetros noS que nos moviamos. Os bancos son diferentes, diferente é o ensino, diferentes son as comunicacións, diferentes sn as nosas visións; todo é diferente.

Pasamos do pleno empleo, do pluriempleo para vivir, ao paro multimillonario e ao traballo parcial; de familias numerosas a un só fillo, dous como máximo; de que traballen os dous membros da parella familiar á perspectiva de que nun tempo de traballo escaso, un deba quedar na casa para afrontar a infraestructura familiar. Deixamos o rural polo urbano construíndo grandes colmeas totalmente opostas ao sentido da vida tradicional do país, potenciamos lecer coa súa propia industria... vivimos de xeito moi diferente, e esa diferencia hase apreciar de xeito definitivo, desde agora, tempo novo, que temos que axudar a perfilar.

Cambia unha era, cambiamos todos, cambiamos todo. Parece que só imos cambiar de ano, de 2012 a 2013, coidando que cambiamos a peor. Pero temos que ter a conciencia de que cambiamos moito máis, cambiamos de xeito de vivir. Posiblemente sexa a única boa que sacaremos da crise: aprender a vivir de xeito diferente, con menos cousas, con menos dependencia. Ao final, si que imos ter unha fin do mundo coñecido ate agora. Agardemos que o novo sexa un pouco mellor.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES