Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un Presidente atrapado no seu labirinto

miércoles, 26 de diciembre de 2012
Nestas datas tan entrañables, non invitan a crítica, pero no que lle corresponde o Presidente do Goberno, son tantos o motivos, que é de xustiza facelo, leva un ano de goberno, e avaliación, mírese por onde se mire, non pode ser mais negativa.

O primeiro desacerto do Sr. Rajoy, foi co nomeamento do equipo económico, o fallar a economía e a facenda, o resto non ten amaño. Nin o Sr. Montoro, nin o Sr. De Guindos, se caracterizaron por o acerto das súas medias, mais ben foi todo o contrario. E o peor está por vir, o problema é que non hai onde sacar os recursos, para seguir mantendo un estado de benestar, como o que vimos tendo ate o momento.

O Sr. Montoro, se sigue a pensar que subir impostos, vai correlacionado con recadar máis, está moi equivocado, a experiencia dille todo o contrario, aí está a curva de Laffer para demostrarllo. Antes de seguir subindo impostos e recortando en servizos básicos, que colla de novo o balance, e busque as partidas que si pode recortar, e de momento inda non o fixo.

O Sr. De Guindos, vai en liña, co anterior, ademais de transmitir que non hai sintonía entre eles, a súa labor deixa moito que desexar. Se nos centramos no panorama bancario, inda ten moito que andar.

Acaba de crear o chamado banco malo, a ver que vai a pasar co SAREB, a chamada sociedade de xestión de activos, por así dicir, tóxicos, que van a sacar do balance das entidades intervidas, para proceder o seu saneamento.
A primeira pregunta que lle podemos facer o Sr. Ministro é ¿Por qué non entra o BBVA no capital do chamado banco malo?

Cando BBVA é a segunda entidade deste país, un banco cunha gran presenza internacional, e que para moitos analistas é un dos máis solventes.

O motivo da non entrada, será soamente económica. Se nos baseamos nas declaracións do seu Presidente, cando di que “ BBVA non quere entrar nun negocio que non cree riqueza para o accionista”.

Ou poden ser tamén políticas, ou ben as dúas cousas, políticas e económicas. Estamos a falar en torno a unha inversión de cincocentos millóns de euros, non creo que este importe sexa significativo para unha entidade da fortaleza de BBVA.

O Sr. De Guindos, tamén ten sen resolver como se vai a quedar o mapa bancario deste país, o que está claro é que a maioría das caixas van a desaparecer, e vai haber un antes e un despois, que nada vai a ter que ver coa realidade actual.

Cando os países desenvolvidos procederon a sanear as súas caixas e bancos, o goberno de Zapatero, ía dando leccións de ética e de bo goberno do sistema financeiro español, e o Gobernador do Banco de España, limitouse a seguir as políticas do goberno e a non cumprir coas súas obrigas, mentres nos órganos reitores das caixas agora quebradas, estaban políticos de todo signo e sindicalistas, cobrando sustanciosos salarios.

Poro por o que se ve a estes non se lles piden responsabilidades, e o final vai a ser o contribuínte, quen volva a financiar cos seus impostos este enorme furado.

Se vos vale a experiencia China, que tamén utilizou o sistema do banco malo, e despois de dez anos, non solo non se resolveu coa venta dos activos tóxicos, senón que de momento están cunha prórroga de 10 anos máis, e con máis problemas que cos comezaron.

Este ano estiven en catro países europeos (Italia, Suíza, Portugal e Irlanda) en cada un deles vin cousas diferentes, en todos notase a crise, pero en ningún como aquí en España. Menos Suíza o resto, tiña problemas graves, pois antes ou despois van a saír. Salvo Portugal, que o vexo mais coma nos,tanto Irlanda como Italia van a saír adiante, alí non se ve con tanta intensidade a tristeza das nosas rúas, nin tantos locais comerciais cerrados, nin tantos negocios dedicados a compra de ouro.

Outro dos desacertos foi o nomeamento do ministro de xustiza, o resultados a vista están. Todos os colectivos empezando por maxistrados, avogados, funcionarios e cidadás, están en contra. A súa xestión no concello de Madrid, sumando acertos e desacertos, estes superan con creces os anteriores.

Eu podo contar unha anécdota das pasadas eleccións locais, ia paseando cun amigo votante do PP, por o paseo marítimo da Coruña, e o Sr. Gallardón na compañía do Sr. Negreira estaban a facer campaña, o saudarnos a expresión do meu amigo foi “menos mal que xa votei por correo, senón o Sr. Negreira non ia ter o meu voto”.

O resto dos membros do goberno do Sr. Rajoy están diluídos, iso fai que non centren tanto a nosa atención. Chamo membros do goberno, porque chamar equipo, sería faltar a realidade.

O Sr. Rajoy eu solicítolle tres cousas:

1. Que teña Valor: para cambiar todo aquilo que hai que cambiar, e que se pode cambiar. Pense que os cidadáns déronlle unha maioría para facelo. De momento é onde está a súa maior carencia.

2. Que teña Paciencia: para soportar aquilo que hai que cambiar, e de momento non se pode.

3. Que teña Sabedoría: para diferenciar unha situación da outra. A lexión de asesores que o acompañan, e que todos pagamos, ben o poden axudar neste campo.

A ver se o próximo ano notamos cambios, an que por os feitos e os indicios, Sr. Rajoy, a min, e cada vez a mais cidadáns vemos que vostede non pode nin é capaz.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES