Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mundos anegados e mundos inmerecidos

miércoles, 26 de diciembre de 2012
Hai estes días moita polémica sobre se se acaba ou non o mundo. Escribo este artigo ás 12:59 do día 21 de Nadal. Coido que a esta hora xa se pode dicir que fallou a profecía maia, no entanto se a 26 de Nadal ti transitas por estas verbas a profecía maia non terá a menor posibilidade. Entón prefiro acreditar no pensamento de alguén que dicía que a fin do mundo prodúcese cada vez que unha persoa pecha os ollos, para ela acabouse o mundo. E quizais, como dixo Neruda, o mundo sen ela non é igual, de aí o noso carácter non repetible.

Ao mellor, nos tempos que corremos, non convén enredar nestas trangalladas cando para moitas persoas o que se derruba é a propia vida!, e a negrura vén en forma de fame. Este ano 2012 déixanos tráxicos recortes que procuran o sustento dunha clase incapaz de asumir a súa propia culpa. Viñeron imaxes de desafiuzamentos, precedidas por mozos que en tendas de campaña reclamaban pacificamente que o poder político e financeiro non lles deran as costas, porque eles tiñan dereito e querían ter futuro. Como ben se sabe, non só lles deron as costas senón que lles deron tamén polas costas, valéndose como sempre das forzas das que dispoñen para a súa propia seguridade (parece ser que eles son o Estado). Con todo confiemos e en que a Historia é xusta e o paso dos anos pon a cada un no seu lugar...

Xa andan dicindo por aí diversas persoas (e tamén algún muro que cuspe á cara do poder esta realidade abafante) que “o que dá medo non é que remate o mundo, senón que siga igual”. Daquela hai algo que cambiar e ansias de cambialo. Daquela se a maioría do silencio se converte en maioría de palabra, ao mellor merecemos unha segunda oportunidade para construír unha sociedade inclusiva (non exclusiva para catro dexenerados).

En fin, eu teño esperanza no 2013, síntoo polos maias pero equivocáronse e seguimos transitando pola vida coa dignidade que nos é propia. E xa que non houbo hecatombe evitemos tamén a que nos queren impoñer socialmente, e decidamos por nós mesmos facer un mundo mellor, cando menos habitable para todos. Hai unha palabra máxica cargada de futuro, que non representa a utopía senón o camiño cara unha sociedade máis próspera, xusta e solidaria, xa ficou dita: INCLUSIÓN. Só nos resta crer nela e apartar do temón a tráxicos capitáns que parecen quere levarnos cara as tempestades do silencio.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania