Feliz Nadal!
Editorial - lunes, 24 de diciembre de 2012
A pesar de todo, Feliz Nadal. Non é unha certeza, é un desexo. Porque o calendario márcanos implacable as datas de cada tempo, e agora é tempo recén comezado o inverno- de que celebremos o Nadal, cadaquén de acordo coas súas crenzas, coas súas experiencias, coas súas realidades. Cada quen de acordo co seu sentir, co seu ser.
Hai moitos que odian o Nadal por todo o que lembra, por todo o que representa, porque lles ven poñer de manifesto as súas carencias, os seus problemas, as súas ausencias, a súa soedade. E aí está o meollo da cuestión, porque visto está que nestas festas temos que celebrar precisamente a compañía, a presencia, superando as carencias, facendo reconto de experiencias, resumindo de xeito optimista o ano que pasou.
Por eso, desde Galicia Digital queremos desexar a todos un Feliz Nadal, na compaña dos seres máis queridos, superando dificultades, mellorando calquera situación problemática, ollando de xeito optimista o tempo novo que imos vivir, sempre pensando que o mellor de todo é a compañía dos que queremos para enfrontar as dificultades futuras.
De todos nós, para todos os que nos seguen, o desexo dunhas MOI FELICES FESTAS!.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora